10/11/09

Polo San Martiño, trompos ó camiño




Manifesto Día do Peón 2009,


TIRA POLA PIOLA


Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.


Baila, bailarín, baila,
Danza, salta, o meu peón,
Brinca a miña buxaina
O meu trompo toleirón


O peón é barrigón e polo pé moi agudo, é un bicho que quere brincar e que naceu aprendido, xa sabe bailar. Nada máis falta que ti aprendas primeiro, a buxaina vai agardar que alguén che ensine primeiro a que a envolvas coa túa piola, a modiño, con xeito, unha volta e mais outra. Á que está envolta hai que sacar a lingua polo canto da boca e logo, atención, aí vai o peón!


Elvira, tira,
Manuel, dalle á piola.
Son o teu trompo,
Lánzame que non rompo.

Suso de Toro, 2009

09/11/09

Festa da liberdade en Berlín, 20 anos despois da caída do muro


(Foto publicada en El País digital)


En
Berlín había un muro y hace 20 años lo derrumbaron porque los políticos han pensado que así no se arreglan las cosas y hoy se celebra el 20 aniversario de la caída del muro.
Álvaro

Hoy en Berlín se celebra la fiesta del derrumbamiento del muro de Berlín. Empezarán la fiesta derribando las piezas de dominó que pintaron los pintores de todo el mundo.
Candela

Alemania celebra unha festa do 20 aniversario da tirada do muro de Berlín. Derrubaron o muro porque os políticos pensaban que así non se arreglan as cousas.
Néstor

Hace 20 años en Berlín había un muro que separaba un sitio del otro así que los políticos pensaron que había que arreglar eso porque había muchos familiares que no podían ver a otros familiares suyos.
Antón








O muro



"Nas primeiras horas do día 13 de agosto de 1961, centos de vopos (soldados membros da milicia popular) e colaboradores da Stasi (servizo de seguridade do estado) comezan a tender arameiras ao longo do 155 km do perímetro de Berlín oeste, dos cales 43 km correspondían á liña de separación entre as dúas partes da cidade. Cortáronse rúas, tapiáronse xanelas e bombardeáronse casas.

Axiña se converteu nun muro de cemento de 5 m de alto, coroado con arame de espiño e vixiado por torretas de vixilancia, niños de metralladoras e minas. O muro foi reforzado catro veces e chegou a ter 302 torres de vixilancia, 20 bunkers, 259 zonas controladas por cans e miles de proxectores. Ao longo da súa historia (1961-1989) aproximadamente 5.000 persoas conseguiron cruzalo arriscando as súas vidas. Un número similar tamén de alemáns orientais foron capturados mentres o tentaban e 191 morreron no seu intento de acceder ao Berlín occidental."

Publicado hoxe no blog Formigas investigadoras de 2º






Ó Muro de Berlín sobrevívenlle outros 14 levantados por diferencias políticas, relixiosas e militares arrededor do mundo.Nacion.com

  • Vista panorámica dende o leste de Xerusalén da construción do muro, na localidade cisjordana de Abu Dis, Israel. O goberno de Israel di que é “un valo de seguridade”.

  • Nacion.com
  • Un grupo de presuntos emigrantes mexicanos camiñan xunto ó valo fronteirizo que separa a México de Estados Unidos, o 13 de febrero de 1995. Este é o lado mexicano fronte a Nogales, Arizona.

  • Nacion.com
  • Un palestino observa dende a “rexa de separación”, en Abu Dis, do lado de Cisjordania, ó leste de Xerusalén. No muro di “ apartheid ”.


Os nenos/as opinan:



Ola Presidentes e Políticos, ¿poderiades derrubar os muros que separan as cidades? Porque hai persoas que non poden ver as marabillas doutros sitios e a min iso ponme triste e porque os nenos/as e as nais e os pais queren estar cos seus amigos e irmáns.
Antón e Pedro

Por favor, tendes que derrubar todos os muros do mundo porque senón moitos familiares vense pouquísimo tempo.
Yanira, Lisa e Nico

08/11/09

O grupo musical Mamá Cabra envía a tódolos nen@s do CEIP A Rúa bicos e música


O
grupo musical Mamá Cabra que nos visitou polas Letras Galegas no festival que tódolos cursos facemos no Auditorio, ven de facer un comentario no noso blog.


Se queres ollar este comentario, vai á entrada do Samaín, onde colgamos algunhas das súas terroríficas cancións!!
Enviounos a tod@s moitos bicos e moita música!!

Moitos bicos e moita marcha tamén dos cativos/as, mozos e mozas, profes/as do CEIP A Rúa!!

Se queres coñecer a súa páxina web, as súas cancións, as partituras...clikea na imaxe da cabuxa!!


06/11/09

Escola de pais e nais, todo un éxito!!


Onte inauguramos o primeiro encontro de pais e nais na Escola de familia.

Queremos resaltar a alta participación, o cal nos produce unha grande satisfacción porque amosa o interese das familias pola educación dos seus fillos e fillas.

Uns pais e nais moi aplicados/as!!







Os cativos/as pasárono tan ben coa coidadora, que querían volver ó día seguinte,
terán que esperar á vindeira xuntanza!!







Aínda estades a tempo de participar! Animádevos!!

Próxima xuntanza: o 19 de novembro ás 17:00 horas.

04/11/09

O xoves día 5, ás 17:00 comeza a Escola de pais e nais


Este xoves, día 5 de novembro, de 17:00 a 18:30 horas, no CEIP A Rúa, dá comezo a ESCOLA DE PAIS E NAIS que imos levar adiante durante este curso e que está organizada polo departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas. Contará coa colaboración do departamento de orientación do noso cole.

Esta actividade é gratuíta para todos e ademais haberá unha cuidadora que se fará cargo dos nenos.


ANÍMATE A PARTICIPAR!!

29/10/09

Chegou o Samaín!! Que medo!!

O día do Samaín celébrase o 31 de outubro.

Pero, ¿que haberá pola rúa?

Cecais un monstro, un gato, unha momia ou un zombi.

Miña mamaíña, ¡que medo dá o SAMAÍN!

Laura (2008)


POEMA

¡Que medo! ¡Que medo!

o SAMAÍN xa chega

¡Que medo! ¡Que medo!

esqueletos no cimeterio

¡Que medo! ¡Que medo!

A bruxa está voando

¡Que medo! ¡Que medo!

Hai nenos disfrazados

¡Que medo! ¡Que medo!

Entramos no castelo

¡Que medo! ¡Que medo!

A nena está tremendo

Catalina (2008)

Publicado no noso blog Galego a lambetadas


Andamos estes días a aprender esta canción do grupo Mamá Cabra. Aquí tes letra e música...¡para practicar na casa!


Letra e música que atopamos no blog da Biblioteca Milladoiro de Malpica.






Deixámosvos un vídeo que mete medo, doutra canción do grupo Mamá Cabra!

Por certo, se queredes saber algo máis deste grupo e escoitar máis cancións, entrade no seu blog, premendo aquí.





Recomendámosvos algúns libros TERRORÍÍÍÍÍFICOS para os primeiros lectores/as!!!!





O Papón, Ed. OQO








Tío Lobo, Ed. Kalandraka






E un conto de cabazas e unha avoa e unha neta moi astutas!!



Corre, corre, cabaciña, Ed. OQO



Así gozamos no cole do Samaín, unha tradición celta:

28/10/09

¿TEMOS O “PUNTO LIMPO” EN A RÚA E NON NOS ENTERAMOS?

¿Que pasa en A Rúa que cada día aparecen montes de lixo?

O lixo diante do Colexio A Rúa da asco. De quen é obra isto non se sabe.

Isto fano pola noite os maiores, e agora ata polo día. É incrible, pero isto non o fan nin os nenos pequenos. ¿Somos bebés ou que?

O día 27 de outubro o lixo segue aí, pero agora é distinto. Hai neumáticos, rodas, botes de pintura e botes de gas. ¿É NORMAL ISTO?

Os puntos limpos están para algo, pero en Cangas o pecharon.

-¿Por que?

- Non o sabemos.

O lixo non pode estar fóra dos contedores. Non nos comportemos coma nenos pequenos e sexamos responsables co medio ambiente. ¡¡¡BASTA XA!!!

Cando se ve un contedor cheo, pódese buscar outro para tirar o lixo. Non costa nada e tamén fas exercicio.

¿¿¿¡¡¡VOSTEDES CREN QUE É NORMAL!!!???

Nós cremos, e nisto estamos todos de acordo, que este desastre poderiámolo arranxar se todos somos limpos e educados.

O lixo pódese evitar se todos somos máis limpos e reciclamos máis.

E se todos somos máis limpos, o mundo será mellor.


Alumnos e alumnas de 6º


27/10/09

O MAGO CALI


O venres, día 23 de outubro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria fomos ó Auditorio Municipal de Cangas a ver a actuación do MAGO CALI. Nós, os alumnos e alumnas dexa o miráramos noutra ocasión, pero nos volveu a gustar de novo.

Na actuación quedamos sorprendidos polo xogo de aros, que é un clásico, o do vaso do leite, o debuxo da bola de bolos, o dos recortes de papeliños, etc... ¡Pasámolo moi ben!

25/10/09

"Se a abella desaparecese, ó home só lle quedarían 4 anos de vida" (A. Einstein)


Os investigadores/as de 2º de Primaria iniciaron este curso un Proxecto de traballo sobre As plantas e continúan afondando no mundo da Apicultura.
Interpretan de seguido a afirmación mencionada e atribuída ó científico Albert Einstein:

As abellas son moi importantes porque axudan ás plantas e ás árbores.


Cando as abellas van chuchar o néctar a unha flor, mánchanse de pole na parte macho da flor (antera)




Despois van a outra flor e déixanlle o pole que colleron noutra, na parte femia da planta (estigma).

Isto chámase POLINIZACIÓN.

A flor polinizada convértese nunha froita.







Se morresen todas as abellas, tamén morrerían as plantas e as árbores.


As abellas non poderían polinizar, quedarían as árbores sen froita e non nacerían máis.

Non habería máis froita e quedariamos sen osíxeno :-(





INVESTIGADORES/AS DA CLASE DE 2º DE PRIMARIA


Entrada publicada no blog de aula, Formigas de 2º

24/10/09

Alborexa en Cangas

O mes de outubro regálanos en moitas ocasións uns ceos espectaculares, para fotografar, pintar...en fin, para deleitarse.
Deixámosvos estas modestas fotos que recollen o alborexar en Cangas.





Se queredes achegarnos as vosas fotos para completar este "album do ceo", estariamos encantados/as!
ANIMÁDEVOS!!
(Podedes enviárnolas por correo electrónico ceip.arua@edu.xunta.es ou entregárnolas nun lapis de memoria)

21/10/09

III Xornadas sobre Absentismo Escolar e Convivencia no concello de Cangas


O xoves 22 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de plenos do concello de Cangas celébrase a III Xornada sobre Absentismo Escolar e Convivencia no concello de Cangas.

Estades todos/as invitados a participar !!

De moito interés para as familias do alumnado a charla coloquio: "CANDO TEÑO QUE LEVAR AO MEU FILLO/A AO CENTRO DE SAÚDE" , impartida por
D. Benigno Villoch. Xefe Servicio Centro de Saúde de Cangas.
D. José Pereiro Francés. Pediatra Centro de Saúde de Cangas.




(Podes pinchar no cartel para velo máis grande)

19/10/09

Avaliación de diagnóstico, mércores 21 de outubro


O mércores, 21 de outubro levarase a cabo en todos os centros da Comunidade Autónoma Galega a Avaliación de Diagnóstico.

No CEIP A Rúa, como no resto dos centros de Primaria, aplicarase ó alumnado de 5º de Primaria.

As probas consistirán en 2 caderniños que avaliarán como son de competentes os nosos alumnos e alumnas nas áreas de Comunicación Lingüística e de Matemáticas. Tamén deberán contestar a un cuestionario.


Pídese ademais a colaboración das familias destes alumnos/as, do titor e da dirección do centro que deberán cumprimentar os seus correspondentes cuestionarios.

As cualificacións obtidas serán por centro, e en ningún caso se dará información da cualificación obtida por cada alumno/a.



Cal é, polo tanto, o obxectivo desta avaliación?

"A avaliación diagnóstica posúe carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.

A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento da adquisición das competencias básicas dos estudantes.

A súa realización pretende suscitar a reflexión sobre a práctica educativa e orientar procesos de transformación e mellora".



13/10/09

REUNIÓN DE REPRESENTANTES


O pasado mércores 7 de outubro, ás 9:30, tivo lugar a primeira reunión dos/as Representantes do Alumnado coa Xefa de Estudos e coa Dinamizadora da Convivencia.


Cada curso elixiu previamente a dous alumnos/as:

1º curso: Iván e Telmo.
2º curso: Cristina e Álvaro.
3º curso: Helga e Cloe.
4º curso: Catalina e Iria.
5º curso: Vanessa e Antía.
6º curso: Laura e Javi.


Como representantes, teñen as seguintes funcións:

  • Axudar ás persoas que o necesiten.
  • Asistir ás reunións trimestrais de convivencia.
  • Recoller as ideas dos nenos e nenas da clase.
  • Animar aos nenos e nenas a aprender.
  • Falar cos compañeiros/as se teñen un problema ou discusión.
  • Ser amables, pacientes e xustos/as.

Na reunión presentámonos todos/as, fíxose a entrega de material e lembramos tamén para que serven os BUZÓNS DE CONVIVENCIA
:


  • Avisar dos problemas de convivencia que hai no centro:

    • Problemas na clase

    • Problemas no patio

    • Problemas no autobús

    • Problemas nos baños

  • Aportar ideas que teñas para mellora-la convivencia.

  • Felicitar ás persoas que fan algo ben ou melloran o seu comportamento.

  • Propoñer como mellorar as instalacións do centro.

  • Facer preguntas sobre a convivencia.


Despois da reunión, os/as representantes informaron dos temas tratados ós/ás compañeiros/as nas súas respectivas clases.

08/10/09

Un toque de humor :-)

07/10/09

Escola de pais e nais no CEIP A Rúa


Invitamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar o vindeiro martes, día 13 de outubro, ás 17:30, no CEIP A Rúa, nunha reunión informativa sobre o programa das ESCOLAS DE PAIS E NAIS que pretendemos levar adiante durante este curso e que están organizadas polo departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas.

Unha escola de pais e nais trata os temas que máis nos preocupan sobre a educación e relación cos nosos fillos e fillas, e permite compartir os nosos puntos de vista cos doutros pais e nais.

Temos aquí unha boa oportunidade para aprender e resolver moitas dúbidas acerca da educación dos nosos fillos e fillas.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!