xoves, 26 de novembro de 2020

25 de Novembro - Radio pola Igualdade

CEIP A Rúa


Durante esta semana estanse emitindo na Cadena Ser Pontevedra as cuñas de radio elaboradas polo alumnado de 5º e 6º de Primaria no obradoiro de Radio impartido por Agareso, grazas á subvención da ANPA, dentro do Plan de Igualdade.

O Faro de Vigo faise eco desta actividade. Un gran traballo d@s nos@s nen@s. Se non puidestes escoitalos na radio, podedes facelo aquí:

Cuña de 5º

Cuña de 6º

Solo educando en Igualdade poderemos loitar contra a lacra da violencia machista.

martes, 3 de novembro de 2020

OBRADOIRO CONTRAPUBLICIDADE

CEIP A Rúa


Continuamos cos obradoiros da ONG Agareso, grazas á subvención da ANPA. Esta vez, a temática foi  a CONTRAPUBLICIDADE. O alumnado de 5º tivo a oportunidade de facer unha interesante reflexión sobre o rol das mulleres e dos homes na publicidade, e de ofrecer a súa proposta de transformación e eliminación dos estereotipos.





 

Estes son algúns dos seus impresionantes traballos:

















martes, 27 de outubro de 2020

PLAN DE IGUALDADE

CEIP A Rúa


Xa puxemos en marcha algunhas das actividades programadas dentro do Plan de Igualdade do centro,  organizadas grazas á subvención solicitada pola ANPA.

A asociación Agareso, impartiu un obradoiro telemático sobre Medios en 6º. Propuxeron actividades moi interesantes e lúdicas sobre os roles das mulleres e dos homes na publicidade, na prensa e na TV, que nos permitiron reflexionar e ser conscientes da necesidade de superar estereotipos aínda moi presentes.


 



 

Tamén, grazas á mesma subvención, a ANPA entregounos material didáctico en forma de xogos sobre Igualdade, Diversidade e Cooperación, que foron repartidos nos distintos ciclos.


Moitas grazas, familias!!!

domingo, 13 de setembro de 2020

Comedor Escolar 20-21

CEIP A Rúa

 Achégannos dende o Concello a seguinte información:

Inicio : Mércores 16 de setembro 2020

Funcionamento :

A hora límite para recollida dos/as nenos/as é as 15:30 horas.

Prégase as familias puntualidade na recollida dos/as nenos/as.

As nais e pais non poderán acceder ao comedor escolar e seguirán as instruccións que dende o centro se den para a recollida dos menores.

A disposición das mesas e dos postos de comedor cumpren a normativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Prezo: 3,80 € menú/día

Empresa responsable do servizo: Alimentación saludable Gallega S.L.

O primeiro día

CEIP A Rúa


Por fín chegou o día da volta á clase! 

É certo que todo e moi distinto: cambiaron as normas, os espazos, a organización, os horarios, incluso as caras nas que agora só vemos os ollos. Pero o que non cambiou foi a ilusión de volver a compartir sorrisos, momentos, experiencias e emocións.

Quixemos facer un recibimento distinto, aproveitando o patio e o bo día que tivemos. Cada titora agardou ao seu grupo nun espazo determinado.


 Sen esquecer as medidas de seguridade: máscara, distancia e lavado frecuente de mans.



 Despois subimos ás clases e puxémonos ao día coas novas normas que temos que seguir:





 Un gran día!!!

 

mércores, 9 de setembro de 2020

DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

CEIP A Rúa

Como xa explicamos nas xuntanzas iniciais, cada familia deberá asinar, no inicio do curso, unha Declaración Responsable na que se compromete a realizar cada día ao/á neno/a a Enquisa de Autoavaliación Clínica do COVID-19.


 

xoves, 3 de setembro de 2020

RESUMO PLAN ADAPTACIÓN COVID

CEIP A Rúa

Este folleto resume algunha das medidas máis destacadas do Plan de Adaptación COVID 20-21, a ter en conta para o inicio das clases: entradas, saídas, horarios... Houbo un cambio no horario de Educación Infantil con respecto ao folleto compartido na asemblea da ANPA do 2 de setembro. O Plan completo será publicado tras o seu paso polo Consello Escolar.


 


venres, 28 de agosto de 2020

Preinscrición Comedor Escolar 2020-2021

CEIP A Rúa
Información que nos traslada o Concello de Cangas sobre o comedor escolar para o próximo curso:

"Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o  protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .
Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices  que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.

1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret

2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas. Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.
As solicitudes poderán presentarse a través do rexistro municipal do Concello de Cangas ou  a través do correo electrónico da concellería de educación do concello de Cangas ensino@cangas.gal.

3.- Funcionamento do servizo:
O servizo de comedor escolar prestarase os días lectivos do curso escolar 2020-2021, dende o primeiro ata o último día que se establece no calendario escolar para o curso. Tendo en conta que este servizo se  rexe pola normativa da comunidade autónoma de Galicia , e o Convenio de colaboración asinado polo Concello de Cangas e a Consellería de Educación para a xestión dos comedores escolares nos cursos 2019-20, e 2020-21, se houbese algún cámbeo  a este respecto que puidera afectar ou ser de aplicación a este servizo, esa norma sería de aplicación e de cumprimento obrigado tanto para os/as usuarios/as como para a empresa adxudicataria da xestión.
O funcionamento dos comedores escolares estará condicionado pola situación sanitaria, instrucións, e directrices das autoridades competentes que se diten en relación coa COVID-19. Polo tanto é posible, que, se as directrices das autoridades correspondentes, cambian, tamén se teña que adaptar o servizo de comedores, o que pode obrigar a establecer novas restricións no número de usuarios/as,  modificacións na modalidade de asistencia nas que se establezan novos criterios de admisión, adaptación de novos espazos, novas condicións de obrigado cumprimento, entre outras, e que serán comunicadas oportunamente a todos/as usuarios/as, e a comunidade educativa en xeral."

Toda a información e o formulario de solicitude premendo aquí

xoves, 20 de agosto de 2020

Becas Comedor Escolar

CEIP A Rúa

O Concello de Cangas vén de convocar as Becas de Comedor para familias con dificultades económicas para o curso 2020-2021.

Destinatarios: Alumnado matriculado en Educación Infantil e Educación Primaria no curso 2020-2021.
Formalización da solicitude: No Rexistro Xeral Municipal do Concello de Cangas.
Prazo: do 18 ao 31 de agosto.
Documentación a presentar:

  • .      Solicitude Anexo I
    ·         Fotocopia do DNI, NIE do/a solicitante en vigor.
    ·        Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas data de nacemento.
    ·         Volante de empadroamento acreditativo da convivencia familiar, expedido polo Concello.
    ·        Xustificación da situación económica e laboral do ano 2019, de tódolos membros da unidade familiar maiores de 16 anos, mediante fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2019, no suposto de facela, correspondentes a cada un dos membros computables da unidade familiar; ou certificado negativo, no suposto de non estar obrigado a realizala, expedido pola Administración Tributaria de Facenda, acompañada de (se é o caso):
    a)      Certificacións do INEM sobre prestacións e subsidios de desemprego.
    b)      Certificacións do INSS / ISM sobre pensións e prestacións percibidas.
    c)       Calquera outro documento xustificativo de ingresos (pensións de alimentos dos menores, rendas dos alugamentos …)
    ·         Copia do imposto de actividade económicas (Autónomos)
    ·        No caso de non poder acreditar a situación económica cos documentos anteriores, ou cando da situación declarada se desprenda unha falta de medios económicos para subsistir, terán que facer unha declaración responsable dos medios de vida (informe de signos externos).
    ·        No caso de separación ou divorcio, deberase aportar convenio regulador así como documento xustificativo das achegas económicas actualizadas, ou no seu defecto, denuncia por incumprimento.
    ·         Calquera outra documentación que se considere conveniente na instrución do procedemento de resolución.

    Máis información e descarga de documentación aquí
·        

martes, 2 de xuño de 2020

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos

CEIP A Rúa
A Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) e o Comité de Cultura Marina do Institut de Ciències del Mar (IMC-CSIC) promoven a campaña #ArelaDeMar para conmemorar o Día Mundial dos Océanos que se celebra o día 8 de xuño. A idea é que todas as persoas poidamos expresar o moito que nos dá o océano e todo o que lle desexamos.

Podedes consultar a campaña e as súas propostas premendo aquí: #ArelaDeMar

Algunha titoría xa mandou esta proposta ao seu alumnado, e estamos comezando a recibir traballos, pero está aberto a calquera persoa que queira participar.

Este é o deseño de Nora Fernández, de 1º de Primaria.


 Animádevos a enviar os vosos!!!


mércores, 20 de maio de 2020

Fondo solidario, axudas libros de texto e material escolar

CEIP A Rúa

A Consellería vén de publicar a Orde do 12 de maio, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Destinatarios das axudas
As axudas para Material Escolar están destinadas ao alumnado matriculado de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2020-2021, cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (no ano 2018). O importe da axuda é de 50 €.
O alumnado que está actualmente en 6º, deberá presentar a solicitude no instituto onde vaia estar matriculado no curso 2020-2021.

Presentación de solicitudes
A solicitude atópase na aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cuberta e asinada, obterase un número de solicitude. Para presentala hai dúas opcións:
Se algunha familia non ten forma de imprimila, tamén haberá solicitudes impresas no centro, pero nestas circunstancias e por seguridade sanitaria, recomendamos facelo de xeito telemático.

Prazo de presentación:
Dende o 20 de maio ao 19 de xuño
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:30 ás 13:00.

Documentación a presentar (autorizando a consulta telemática)
  • Impreso de solicitude: Anexo I e Anexo II
  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • De ser o caso: Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador, Certificado de Convivencia ou Certificado de defunción
  • De ser o caso: Certificado do grao de discapacidade.
  • De ser o caso: Documentación xustificativa de violencia de xénero
Toda a documentación fai referencia á situación real a 31 de decembro de 2018

Publicación
  • Listaxe provisional: 10 de xullo de 2020
  • Listaxe definitiva: 15 de xullo de 2020
  • Recollida de vales: Pendende da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do interior do centro.
As familias tamén poderán acceder á información do seu expediente en FONDOLIBROS coa chave 365 ou con Certificado Dixital.

domingo, 17 de maio de 2020

A RÚA DAS PALABRAS

CEIP A Rúa

PARA COMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

ENCHEMOS "O CEIP A RÚA" DE PALABRAS

QUERES VELO?

A RÚA DAS PALABRAS


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates