venres, 28 de agosto de 2020

Preinscrición Comedor Escolar 2020-2021

CEIP A Rúa
Información que nos traslada o Concello de Cangas sobre o comedor escolar para o próximo curso:

"Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o  protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .
Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices  que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.

1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret

2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas. Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.
As solicitudes poderán presentarse a través do rexistro municipal do Concello de Cangas ou  a través do correo electrónico da concellería de educación do concello de Cangas ensino@cangas.gal.

3.- Funcionamento do servizo:
O servizo de comedor escolar prestarase os días lectivos do curso escolar 2020-2021, dende o primeiro ata o último día que se establece no calendario escolar para o curso. Tendo en conta que este servizo se  rexe pola normativa da comunidade autónoma de Galicia , e o Convenio de colaboración asinado polo Concello de Cangas e a Consellería de Educación para a xestión dos comedores escolares nos cursos 2019-20, e 2020-21, se houbese algún cámbeo  a este respecto que puidera afectar ou ser de aplicación a este servizo, esa norma sería de aplicación e de cumprimento obrigado tanto para os/as usuarios/as como para a empresa adxudicataria da xestión.
O funcionamento dos comedores escolares estará condicionado pola situación sanitaria, instrucións, e directrices das autoridades competentes que se diten en relación coa COVID-19. Polo tanto é posible, que, se as directrices das autoridades correspondentes, cambian, tamén se teña que adaptar o servizo de comedores, o que pode obrigar a establecer novas restricións no número de usuarios/as,  modificacións na modalidade de asistencia nas que se establezan novos criterios de admisión, adaptación de novos espazos, novas condicións de obrigado cumprimento, entre outras, e que serán comunicadas oportunamente a todos/as usuarios/as, e a comunidade educativa en xeral."

Toda a información e o formulario de solicitude premendo aquí

xoves, 20 de agosto de 2020

Becas Comedor Escolar

CEIP A Rúa

O Concello de Cangas vén de convocar as Becas de Comedor para familias con dificultades económicas para o curso 2020-2021.

Destinatarios: Alumnado matriculado en Educación Infantil e Educación Primaria no curso 2020-2021.
Formalización da solicitude: No Rexistro Xeral Municipal do Concello de Cangas.
Prazo: do 18 ao 31 de agosto.
Documentación a presentar:

  • .      Solicitude Anexo I
    ·         Fotocopia do DNI, NIE do/a solicitante en vigor.
    ·        Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas data de nacemento.
    ·         Volante de empadroamento acreditativo da convivencia familiar, expedido polo Concello.
    ·        Xustificación da situación económica e laboral do ano 2019, de tódolos membros da unidade familiar maiores de 16 anos, mediante fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2019, no suposto de facela, correspondentes a cada un dos membros computables da unidade familiar; ou certificado negativo, no suposto de non estar obrigado a realizala, expedido pola Administración Tributaria de Facenda, acompañada de (se é o caso):
    a)      Certificacións do INEM sobre prestacións e subsidios de desemprego.
    b)      Certificacións do INSS / ISM sobre pensións e prestacións percibidas.
    c)       Calquera outro documento xustificativo de ingresos (pensións de alimentos dos menores, rendas dos alugamentos …)
    ·         Copia do imposto de actividade económicas (Autónomos)
    ·        No caso de non poder acreditar a situación económica cos documentos anteriores, ou cando da situación declarada se desprenda unha falta de medios económicos para subsistir, terán que facer unha declaración responsable dos medios de vida (informe de signos externos).
    ·        No caso de separación ou divorcio, deberase aportar convenio regulador así como documento xustificativo das achegas económicas actualizadas, ou no seu defecto, denuncia por incumprimento.
    ·         Calquera outra documentación que se considere conveniente na instrución do procedemento de resolución.

    Máis información e descarga de documentación aquí
·        

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates