Xa puxemos en marcha algunhas das actividades programadas dentro do Plan de Igualdade do centro, organizadas grazas á subvención solicitada pola ANPA.
A asociación Agareso, impartiu un obradoiro telemático sobre Medios en 6º. Propuxeron actividades moi interesantes e lúdicas sobre os roles das mulleres e dos homes na publicidade, na prensa e na TV, que nos permitiron reflexionar e ser conscientes da necesidade de superar estereotipos aínda moi presentes.
Tamén, grazas á mesma subvención, a ANPA entregounos material didáctico en forma de xogos sobre Igualdade, Diversidade e Cooperación, que foron repartidos nos distintos ciclos.
Moitas grazas, familias!!!