mércores, 20 de maio de 2020

Fondo solidario, axudas libros de texto e material escolar

CEIP A Rúa

A Consellería vén de publicar a Orde do 12 de maio, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Destinatarios das axudas
As axudas para Material Escolar están destinadas ao alumnado matriculado de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2020-2021, cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (no ano 2018). O importe da axuda é de 50 €.
O alumnado que está actualmente en 6º, deberá presentar a solicitude no instituto onde vaia estar matriculado no curso 2020-2021.

Presentación de solicitudes
A solicitude atópase na aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cuberta e asinada, obterase un número de solicitude. Para presentala hai dúas opcións:
Se algunha familia non ten forma de imprimila, tamén haberá solicitudes impresas no centro, pero nestas circunstancias e por seguridade sanitaria, recomendamos facelo de xeito telemático.

Prazo de presentación:
Dende o 20 de maio ao 19 de xuño
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:30 ás 13:00.

Documentación a presentar (autorizando a consulta telemática)
  • Impreso de solicitude: Anexo I e Anexo II
  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • De ser o caso: Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador, Certificado de Convivencia ou Certificado de defunción
  • De ser o caso: Certificado do grao de discapacidade.
  • De ser o caso: Documentación xustificativa de violencia de xénero
Toda a documentación fai referencia á situación real a 31 de decembro de 2018

Publicación
  • Listaxe provisional: 10 de xullo de 2020
  • Listaxe definitiva: 15 de xullo de 2020
  • Recollida de vales: Pendende da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do interior do centro.
As familias tamén poderán acceder á información do seu expediente en FONDOLIBROS coa chave 365 ou con Certificado Dixital.

CEIP A Rúa / Autor

Centro de Educación Infantil e Primaria

1 comentarios:


  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    Giaonhan247 chuyên dịch vụ vận chuyển hàng đi mỹ cũng như dịch vụ ship hàng mỹ từ dịch vụ nhận mua hộ hàng mỹ từ trang ebay vn cùng với dịch vụ mua hàng amazon về VN uy tín, giá rẻ.

    ResponderEliminar

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates