luns, 27 de abril de 2020
PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CEIP A Rúa
abril 27, 2020
Ola familias! Achegamos varios documentos que vos poden servir de axuda:
O primeiro pretende ofrecervos algúns consellos para xestionar as emocións que poden amosar os/as nenos/as despois de tantos días de confinamento.
No segundo, relacionado co anterior, atoparedes algunhas propostas divertidas que podedes facer na casa:
O seguinte é unha proposta de cápsula do tempo, para unha vez completada, gardala e recuperala nun futuro para lembrar como viviron estes días.
Esta Guía, elaborada pola Fundación María José Jove e a Asociación Participa, ofrece multitude de recursos, enlaces a curtas, visitas virtuais, propostas de xogos... para que cada familia poda atopar algunha actividade interesante.
Para rematar, compartimos o conto do Oso Goloso para o desconfinamento, elaborado por Carmen Esteban:
Agardamos que atopedes axuda nestas propostas e que contedes con nós para o que necesitedes. O noso correo é: orientacionarua@gmail.com
xoves, 23 de abril de 2020
BIBLIO RETO DE RONI AOS PROFES DO CEIP A RÚA

QUEREDES VELO?
VIDEO RETO
UNHA APERTA A TODOS OS NENOS/AS VALENTES DO CEIP A RÚA
BIBLIOSAÚDOS!
domingo, 19 de abril de 2020
CARTA DE RONI SEMANA DO LIBRO
Como sempre e antes de nada espero que esteades todos/as ben. Eu estou ben e sigo coidando do cole, non vos preocupedes!!!
Quería celebrar con vós a Semana do Libro, nesta ocasión máis que nunca, xa que non podemos estar xuntos e os libros e a lectura sempre nos unen.
A miña proposta é que durante esta semana atopedes un intre para xuntarvos todos arredor dun conto e viaxedes xuntos/as.
A lectura pode ser realizada polo adulto ou ser o neno/a quen lea para a súa familia.
Tamén
vos anímo a enviarme, ao correo da Biblioteca, que achego ao final
desta carta, fotos ou videos do momento da lectura compartida en
familia. E así crear unha liña de palabras que fagan a distancia máis
curta.
O correo da Biblioteca é: biblioteca.arua@gmail.com
Nota: No correo que mandedes a Roni contarlle si queredes que as vosas fotos ou videos sexan publicados no Blog do cole.
domingo, 12 de abril de 2020
PROPUESTA MUSICAL PARA 2º DE PRIMARIA
Esta é a proposta músical para 2º de Primaria: “ECOS RÍTMICOS”
Para esta práctica necesitamos as nosas mans como instrumento, aínda que tamén, nun segundo momento, podedes probar collendo un recipiente de plástico e algo co que percutir (culleres, rotuladores,…).
A práctica consiste en tocar en eco, é decir, repetir os ritmos que a rapaza vos propón o longo do video.
Para poñernos en marcha só tedes que premer na seguinte ligazón:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)