luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CEIP A Rúa


Ola familias! Achegamos varios documentos que vos poden servir de axuda:

O primeiro pretende ofrecervos algúns consellos para xestionar as emocións que poden amosar os/as nenos/as despois de tantos días de confinamento.




No segundo, relacionado co anterior, atoparedes algunhas propostas divertidas que podedes facer na casa:





O seguinte é unha proposta de cápsula do tempo, para unha vez completada, gardala e  recuperala nun futuro para  lembrar como viviron estes días.



Esta Guía, elaborada pola Fundación María José Jove e a Asociación Participa, ofrece multitude de recursos, enlaces a curtas, visitas virtuais, propostas de xogos... para que cada familia poda atopar algunha actividade interesante.



Para rematar, compartimos o conto do Oso Goloso para o desconfinamento, elaborado por Carmen Esteban:




Agardamos que atopedes axuda nestas propostas e que contedes con nós para o que necesitedes. O noso correo é: orientacionarua@gmail.com

xoves, 23 de abril de 2020

domingo, 19 de abril de 2020

CARTA DE RONI SEMANA DO LIBRO

CEIP A Rúa
Ola familias, son Roni. 
Como sempre e antes de nada espero que esteades todos/as ben. Eu estou ben e sigo coidando do cole, non vos preocupedes!!!
Quería celebrar con vós a Semana do Libro, nesta ocasión máis que nunca, xa que non podemos estar xuntos e os libros e a lectura sempre nos unen.
A miña proposta é que durante esta semana atopedes un intre para xuntarvos todos arredor dun conto e viaxedes xuntos/as.



A lectura pode ser realizada polo adulto ou ser o neno/a quen lea para a súa familia.
Tamén vos anímo a enviarme, ao correo da Biblioteca, que achego ao final desta carta, fotos ou videos do momento da lectura compartida en familia. E así crear unha liña de palabras que fagan a distancia máis curta.
O correo da Biblioteca é: biblioteca.arua@gmail.com
Nota: No correo que mandedes a Roni contarlle si queredes que as vosas fotos ou videos sexan publicados no Blog do cole.

domingo, 12 de abril de 2020

PROPUESTA MUSICAL PARA 2º DE PRIMARIA

CEIP A Rúa
PROPOSTA SEMANAL DE MÚSICA


 Esta é a proposta músical para 2º de Primaria: “ECOS RÍTMICOS”






Para esta práctica necesitamos as nosas mans como instrumento, aínda que tamén, nun segundo momento,  podedes probar collendo un recipiente de plástico e algo co que percutir (culleres, rotuladores,…).
A práctica consiste en tocar en eco, é decir, repetir os ritmos que a rapaza vos propón o longo do video.
Para poñernos en marcha só tedes que premer na seguinte ligazón:



Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates