venres, 27 de marzo de 2020

COCORICO

CEIP A Rúa
AS PROPOSTAS DO CONTO DE COCORICO








RIMA CON MOVEMENTO TAMARA TCHUVAROSKY

  1. Facer un Biscoito Cocorico  para compartir no desaiuno, na merenda.Podedes preparar previamente a lista dos ingredientes que ides a necesitar.Facede pesadas, medidas…. No momento da elaboración do biscoito; remover, amasar, bater….
  2. Elaborar debuxos dos protagonistas e colocarlles un pauciño para convertilos en marionetas e recrear o conto, facer diálogos….
  3. Masaxe para relaxarnos. Poñemos a canción de Cocorico a volumen suave para ambiantar. Tumbados boca abaixo imos seguir a canción e cando escoitamos “ Picotí picotá”, imitamos a Cocorico convertindo a nosa man no seu peteiro. Tamén se pode facer coas dúas mans a vez pola espalda. Logo imitamos a Gato pelado cando escoitemos o “marramiau, marramiau”, como se estivésemos arañando pola espalda. Terminamos cun toque final, coas mans imitamos como se estivésemos amasando. Respiramos profundamente, ollos pechados…

xoves, 26 de marzo de 2020

CARTA DO COELLIÑO DE PASCUA

CEIP A Rúa

Ola,

Son o coello de Pascua. Este ano igual que vós eu non podo saír  da casa. Faríame moi  feliz que me enviárades os vosos vídeos cantando as cancións de inglés. Sería xenial. De todos xeitos non vos preocupedes, estareivos esperando cunha sorpresa cando voltedes ao cole. Quérovos moito.



                                                                            O meu correo electrónico é: englisharua@gmail.com

BIM BUM

CEIP A Rúa
RETO RÍTMICO MUSICAL PARA TODA A FAMILIA

 BIM BUM

 Ola a todos/as!!!
Esta semana, dende a aula de Música, propóñovos un reto   para toda a familia.



Este ritmo corporal ten catro partes diferenciadas pola  velocidade coa que hai que interpretala (de menos a máis velocidade).Utiliza e combina os estalos (chasquidos), as palmas e os xeonllos.

A miña proposta é:

-      Os nenos/as de 1ºe 2º de Primaria intentarán realizar a 1ª velocidade e facendo só o ritmo que interpreta o paxariño vermello.

-      Os nenos de 3ºe 4º de Primaria intentarán realizar a 1ª e a 2ª velocidade, intentando interpretar primeiro só o que fai o paxariño vermello e máis tarde o que realizan os dous paxaros.

-      Os nenos/as de 5ºe 6º de Primaria intentarán realizar a 1ª,2ª e 3ª velocidade. Igualmente intentando dominar o que fai o paxaro vermello e despois o que percuten os dous paxaros.
-      As familias intentarán realizar os catro tempos coas catro velocidades.


Premede no enlace e ANIMÁDEVOS!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

VIDEOCONTOS E AUDIOCONTOS

CEIP A Rúa

OS  MESTRES/AS DA RÚA.. QUEREN CHEGAR AS VOSAS CASAS...

GRAVAMOS UNS CONTOS PARA QUE DISFRUTEDES!

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!

FAI CLICK

AUDIOCONTOS

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates