venres, 20 de marzo de 2020

COMPARTINDO TESOUROS

CEIP A Rúa
  Ola rapaces/as!!!


Espero que esteades todos/as ben. Eu boto de menos as vosas visitas á nosa Biblioteca e as apertas que recibo de todos vós a diario.







Estos días saín ao patio a ler algún dos nosos libros que me axudan a realizar viaxes sin moverme do cole. Fixen estas fotos para que vexades como o fago.

Sei que vós tamén estades a ter eses momentos cos libros nas vosas casas, por iso propoño que vos fagades fotos lendo e compartilas no correo que adxunto ao final da miña carta.

Estas fotos serán publicadas no noso Blog do cole para compartir os momentos de lectura aínda que sexa virtualmente (É MOI IMPORTATE TER EN CONTA ISTO).



Moito ánimo, coidarvos moito e animádevos a enviar as vosas fotos.




Un bibliosaúdo.Roni.



CEIP A Rúa / Autor

Centro de Educación Infantil e Primaria

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates