mércores, 20 de maio de 2020

Fondo solidario, axudas libros de texto e material escolar

CEIP A Rúa

A Consellería vén de publicar a Orde do 12 de maio, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Destinatarios das axudas
As axudas para Material Escolar están destinadas ao alumnado matriculado de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2020-2021, cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (no ano 2018). O importe da axuda é de 50 €.
O alumnado que está actualmente en 6º, deberá presentar a solicitude no instituto onde vaia estar matriculado no curso 2020-2021.

Presentación de solicitudes
A solicitude atópase na aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cuberta e asinada, obterase un número de solicitude. Para presentala hai dúas opcións:
Se algunha familia non ten forma de imprimila, tamén haberá solicitudes impresas no centro, pero nestas circunstancias e por seguridade sanitaria, recomendamos facelo de xeito telemático.

Prazo de presentación:
Dende o 20 de maio ao 19 de xuño
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:30 ás 13:00.

Documentación a presentar (autorizando a consulta telemática)
  • Impreso de solicitude: Anexo I e Anexo II
  • Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • De ser o caso: Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador, Certificado de Convivencia ou Certificado de defunción
  • De ser o caso: Certificado do grao de discapacidade.
  • De ser o caso: Documentación xustificativa de violencia de xénero
Toda a documentación fai referencia á situación real a 31 de decembro de 2018

Publicación
  • Listaxe provisional: 10 de xullo de 2020
  • Listaxe definitiva: 15 de xullo de 2020
  • Recollida de vales: Pendende da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do interior do centro.
As familias tamén poderán acceder á información do seu expediente en FONDOLIBROS coa chave 365 ou con Certificado Dixital.

domingo, 17 de maio de 2020

A RÚA DAS PALABRAS

CEIP A Rúa

PARA COMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

ENCHEMOS "O CEIP A RÚA" DE PALABRAS

QUERES VELO?

A RÚA DAS PALABRAS


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

venres, 15 de maio de 2020

# CGAINACASA .. SEGUIMOS RODANDO

CEIP A Rúa

POÑEMOS A VOSA DISPOSICIÓN..
OS FILMES DO PROXECTO DO CINEMA EN CURSO

 NESTE ENLACE PODEDES VISONAR OS FILMES DO NOSO CENTRO

 
 FILMES DO CEIP A RÚA











DENDE A CASA O CINEMA EN CURSO.. SEGUE ..


Selección de propostas para observar, mirar, filmar, fotografar...
Na escola, no barrio ou aldea... e nestes días... DESDE CASA


CINEMA EN CURSO PROPOSTAS













xoves, 7 de maio de 2020

REANUDACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

CEIP A Rúa

A Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, determina a reanudación do proceso de admisión do alumnado e establece os seguintes prazos:

1.      Prazo de presentación de solicitudes de admisión: Do 11 ao 18 de maio de 2020.
2.       Novos prazos do procedemento:

2.1.  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 26 de maio de 2020.
2.2.  Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
2.3.  Reclamacións contra as listaxes provisionais: nos 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.
2.4.   Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
2.5.  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

A solicitude de admisión poderá facerse de xeito telemático, na web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, e tamén de xeito presencial no centro, de luns a venres de 9:30 ás 14:30.

Por motivos de seguridade sanitaria, deberá solicitarse cita previa por correo electrónico: ceip.arua@edu.xunta.es, ou por teléfono: 886 110 190.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates