Información que nos traslada o Concello de Cangas sobre o comedor escolar para o próximo curso:
"Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o  protocolo
 da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode 
reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de 
comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros 
cursos de primaria) .
Tendo en conta as 
posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da 
situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as 
do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de 
admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca 
(axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as 
persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de 
que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o 
establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes 
entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista 
de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes 
fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión
 no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes.
 En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo 
establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices  que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.
1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret
2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a 
correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario 
achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas 
poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan
 necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así
 como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do 
concello de Cangas. Ademais poderán enviarse as solicitudes de 
información ao correo 
ensino@cangas.gal.
As solicitudes poderán presentarse a través do rexistro municipal do Concello de Cangas ou
  a través do correo electrónico da concellería de educación do concello de Cangas 
ensino@cangas.gal.
3.- Funcionamento do servizo:
O servizo de comedor 
escolar prestarase os días lectivos do curso escolar 2020-2021, dende o 
primeiro ata o último día que se establece no calendario escolar para o 
curso. Tendo en conta que este servizo se  rexe
 pola normativa da comunidade autónoma de Galicia , e o Convenio de 
colaboración asinado polo Concello de Cangas e a Consellería de 
Educación para a xestión dos comedores escolares nos cursos 2019-20, e 
2020-21, se houbese algún cámbeo  a
 este respecto que puidera afectar ou ser de aplicación a este servizo, 
esa norma sería de aplicación e de cumprimento obrigado tanto para os/as
 usuarios/as como para a empresa adxudicataria da xestión.
O funcionamento dos 
comedores escolares estará condicionado pola situación sanitaria, 
instrucións, e directrices das autoridades competentes que se diten en 
relación coa COVID-19. Polo tanto é posible, que, se as directrices das 
autoridades correspondentes, cambian, tamén se teña que adaptar o 
servizo de comedores, o que pode obrigar a establecer novas restricións 
no número de usuarios/as,  modificacións
 na modalidade de asistencia nas que se establezan novos criterios de 
admisión, adaptación de novos espazos, novas condicións de obrigado 
cumprimento, entre outras, e que serán comunicadas oportunamente a 
todos/as usuarios/as, e a comunidade educativa en xeral."
Toda a información e o formulario de solicitude premendo 
aquí