A Consellería vén de publicar a Orde do 12 de maio, pola
 que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e 
se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar 
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación 
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos
 con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de 
procedemento ED330B).
Destinatarios das axudas
As axudas para Material Escolar están 
destinadas ao alumnado matriculado de 1º a 6º de Educación Primaria no curso 2020-2021, 
cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (no ano 2018). O 
importe da axuda é de 50 €.
O alumnado que está actualmente en 6º, deberá presentar a solicitude no instituto onde vaia estar matriculado no curso 2020-2021.
O alumnado que está actualmente en 6º, deberá presentar a solicitude no instituto onde vaia estar matriculado no curso 2020-2021.
Presentación de solicitudes
A solicitude atópase na aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cuberta e asinada, obterase un número de solicitude. Para presentala hai dúas opcións:
- No centro: imprimindo a solicitude Anexo I e o Anexo II, asinándoa e achegando a documentación.
 - Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, coa Chave 365 ou con Certificado Dixital.
 
Se algunha familia non ten forma de 
imprimila, tamén haberá solicitudes impresas no centro, pero nestas 
circunstancias e por seguridade sanitaria, recomendamos facelo de xeito 
telemático.
Prazo de presentación:
Dende o 20 de maio ao 19 de xuño
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:30 ás 13:00.
Documentación a presentar (autorizando a consulta telemática)
- Impreso de solicitude: Anexo I e Anexo II
 - Fotocopia do Libro de Familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
 - De ser o caso: Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador, Certificado de Convivencia ou Certificado de defunción
 - De ser o caso: Certificado do grao de discapacidade.
 - De ser o caso: Documentación xustificativa de violencia de xénero
 
Publicación
- Listaxe provisional: 10 de xullo de 2020
 - Listaxe definitiva: 15 de xullo de 2020
 - Recollida de vales: Pendende da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente.
 
As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do interior do centro.
As familias tamén poderán acceder á información do seu expediente en FONDOLIBROS coa chave 365 ou con Certificado Dixital.

0 comentarios:
Publicar un comentario